Que visitar
A Ulla
A Ulla é unha comarca natural galega situada na zona central de Galicia. O río Ulla, polo seu caudal o segundo de Galicia, rico en troitas e salmóns, articula esta bela comarca, dominada pola silueta do monte Pico Sacro, o cumio máis mítico de Galicia.
Ademais de Santiago de Compostela, Cidade Patrimonio da Humanidade, nela están os belísimos pazos de Santa Cruz de Ribadulla e de Oca, cuxos xardíns, históricos e artísticos, figuran entre os máis destacables de España.
Pero hai moito máis. A paisaxe de montes e vales sucado de sendeiros, a súa frondosa vexetación e os seus antigos monumentos fan dela un territorio de altísimo interese.